martes, 12 de abril de 2011

EXPOSICIÓN ‘SOÑOS ILUSTRADOS’ EN VIGO



SOÑOS ILUSTRADOS : KALANDRAKA, 12 ANOS DE ÁLBUM GALEGO

Dende o venres 15 de abril ata o 10 de xuño, pódese visitar no Espazo Emao da nosa Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, a exposiciónSoños Ilustrados: Kalandraka, 12 anos de álbum galego. A mostra reúne, por primeira vez en Vigo, un grupo de ilustracións e traballos pertencentes a dez ilustradores: Ramón TrigoMarc TaegerDavid PintorPablo Otero, Óscar Villán, Federico Fernández, Alicia Suárez, Juan Rivas, Francisco Pérez Porto e Kiko Da Silva .
As obras abarcan unha ampla variedade de estilos e disciplinas artísticas: desde obra pictórica, ata cerámica, pasando por banda deseñada, collage ou figuras tridimensionais. Os comisarios da exposición, Federico Fernández e Miguel Vázquez, destacaron que esta mostra, aberta non só ao alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios, senón tamén ao público en xeral, pretende “elevar a ilustración infantil, unha modalidade que nos últimos anos acadou unha notable importancia, á categoría de ARTE en letras maiúsculas”.

lunes, 11 de abril de 2011

Club Lecturas Debuxadas

ESPAZO LECTURA 


O Burato Do Inferno

O burato do inferno
Edición:
Precio Web: 16.00 € Disponible
FAKTORÍA K presenta a novela gráfica “O burato do inferno”, de Xosé Manuel Trigo e Ramón Trigo: unha historia ambientada no século XIX na Guarda, onde os raqueiros, os piratas de terra, asaltaban e desvalixaban os barcos que facían encallar na costa aproveitando as noites sen lúa, cando prendían fogueiras que lles facían errar o rumbo... A Guarda, Galicia, ano 1858. Xosé recibiu un día a chamada de don Elías, o párroco, para que o acompañara visitar o pai do mozo, que regresara moi enfermo da Habana. Aínda que Xosé desprezaba o moribundo, non podía negarse a aquela petición. O seu pai, Benito o Lindo, era un home endurecido pola miseria e a fame, que abandoara a súa muller cando quedou embarazada. Durante un tempo foi raqueiro e contrabandista na fronteira con Portugal; despois desapareceu. Xosé non tivo noticias súas ata que comezou a enviarlle cartos para a súa manutención. Trala morte da súa muller, Benito fíxose cargo dos gastos do seu fillo ata que este puido valerse por si mesmo. Mentres ...
Perteneciente a la categoría Librería:Literatura galega:Cómic
Editado por FACTORIA K


26 de abril: Club Lecturas Debuxadas. Lectura recomendada: "O burato do inferno" de Xosé Manuel e Ramón Trigo. Contaremos coa presenza dos autores (Biblioteca Municipal de Gondomar, 20.00h)