lunes, 9 de marzo de 2015

A Madriña Asociados Ltd.

07 marzo 2015

Dreams of "Susi"

"On dit" que "Susi" ya estaba dormida y en el primer sueño cuando el inner circle de A Madriña se reunía entorno a un mantel de hule en el "San Agustín" ( Antes San Amaro). Las emociones confusas, las conclusiones erróneas, y las tortillas, el queso y el chorizo fantásticas as usual. 

La tarde/noche fue un sueño, una vez más. La acción Trigo 20 th Aniversario (Leviatán disculpa), realizada ayer enVersus, fue un éxito arrollador de sensibilidad creativa y un acierto total en la elección de la idea / formato.
Una vez más Trigotriunfó en la acción sorpresa bajo la BSO de Takemitsu y la atenta supervisión de "@mullernaduna". 
El show de "sombra chinesca" ( singular/una ) se vió precedido de una gran defensa / presentación por parte de los 2 representantes de A Madriña sentados tras la mesa. La locuacidad de nuestros representrantes es cada día más sorprendente; no hay duda.

La escenografía casi zen, dió lugar a una posterior charla sobre el mundo nipón, el restaurante "Jiro" ( premeiqui ), paralelismos entre el metro de Osaka y Tokio, las actividades extraescolares en el país del sol naciente y otras tempuras y sushis más ( entre otros la venta veraniega de "buratos" !!!)
Sea como fuera o fuese, el caso es que el próximo jueves milagro ( petit comité) será Mono-temático/ From Tokio to Bouzas (Not Made in Japan). 
Este hecho fue aprovechado por el otro mono para recordar e informar que "el instrumento"ya está listo para la presentación sonora y vitrinesca como una parte más de los eventos de este Marzo 201520 th Aniversario de A Madriña Asociados Ltd. ( Vitrina, productora Musical, videos, serigrafías, acciones varias, ...etc) 
Notas´ ( Dudes). No confundir con RemolcaMadriña ( Gran grupo sí, pero que ha pasado a mejor vida)

Leviatan Ramon Trigo

Presentación de "Leviatán" na libraría Versus de Vigo.
O artista vigués Ramón Trigo presentará este venres 6 de marzo, ás 20:30 horas, o seu último libro, “Leviatán”, galardoado co Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado 2012 e publicado no selo Faktoría K. A presentación, na Libraría Versus de Vigo, tamén contará coa participación de Xosé Amoedo, do colectivo A Madriña Asociados, e do director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros. O propio Ramón Trigo fará unha intervención artística sobre a obra presentada.
Ambientado no mar, “Leviatán” narra unha historia novidosa e enigmática con referencias ao “Moby Dick” de Herman Melville e a textos bíblicos do “Libro dos Salmos”. No fondo, é un traballo cunha importante carga simbólica, xa que reflicte a complexa relación entre os seres humanos e a natureza, advertindo contra as graves agresións que sofre o noso planeta que, malia todo, continúa o seu cíclico devir.
Ramón Trigo, autor de "Leviatán".
Dende o punto de vista artístico, “Leviatán” destaca pola forza e pola expresividade das ilustracións, representadas cunha paleta de cores básica e trazos esquemáticos. A multiplicidade de planos e de perspectivas suxire un plantexamento cinematográfico na sucesión das imaxes, ao acompañar o ritmo da lectura. Ramón Trigo non escatima en metáforas visuais e sorprendentes xogos humorísticos nun único e desacougante escenario: o océano.
A nivel literario, trátase dunha historia con estrutura circular, a base de frases breves e descritivas. En conxunto, “Leviatán” destaca polo misterio co que atrapa a atención dos lectores, partícipes das peripecias da tripulación dun barco na súa ardua persecución dunha enorme balea, como alegorías do mundo e dos seus insensibles habitantes.
Esculturas e debuxos de Ramón Trigo baseados en "Leviatán"
Ramón Trigo iniciou a súa traxectoria artística como ilustrador e debuxante de cómic en xornais e revistas especializadas. As súas primeiras obras pictóricas datan da década dos 80; dende entón ilustra libros para varias editoriais e realiza exposicións, ademais da súa faceta como escultor.
A súa obra presentouse en países como Alemaña, Bélxica, Lituania, Italia e Portugal. Foi incluído na selección The White Ravens. Entre os galardóns recibidos figuran o Premio Arte Xoven Galego, os premios de álbum ilustrado infantil Cidade de Alacante e Cabildo de Gran Canaria, e o Premio Lazarillo. Ademais de “Leviatán”, en KALANDRAKA ten publicado tamén o álbum infantil “O pirata pata de lata“.
"Leviatán", de Ramón Trigo.